top of page

Aviso do 3º trimestre

​



Bo día, familias.

Damos comezo a este 3º trimestre con moitas incógnitas e incertezas, xa que aínda non temos ningún tipo de orde por parte da Consellaría de Educación. 

 

O mércores 15 de abril teñen prevista unha reunión o Ministerio de Educación e as Consellerías das Comunidades Autónomas, polo que estamos á espera das decisións que se tomen alí (preme aquí para ver o comunicado da Xunta). Así e todo, nós seguimos programando e organizando o traballo do 3º trimestre coa mentalidade de que se vai desenvolver con normalidade, pero non é algo que poidamos asegurar. Polo momento non podemos avanzar contidos, pero ao longo desta semana irémosovos informando en canto teñamos ordes desde arriba.

Sabemos que moitas de vós tedes dúbidas sobre os libros de texto e como poder acceder a eles. Contactamos coa Editorial SM para que nos facilite un usuario e un contrasinal e así poidades acceder aos libros na súa versión dixital. Non tedes que rexistrarvos e teredes acceso a todos os recursos. Podedes ir botándolles unha ollada, pero de momento non avancedes cos libros nin os imprimades. 

Usuario: Primeronivel

Contrasinal: Ventin2020!

Páxina de acceso: https://login.educamos.sm/

É moi importante introducir o usuario e contrasinal tal como están escritos aquí (maiúsculas incluídas). Tamén tedes acceso aos libros de Inglés e podedes ver as instrucións premendo na icona da bandeira británica.

Por último, hai novidades de Música, Educación Física Relixión Evanxélica e Relixión Evanxélica. Tamén hai una aviso de Inglés.

Moito ánimo e un saúdo.

//////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////

Iconas deseñadas por Darius Dan e Freepik en Flaticon.
bottom of page