top of page

DESENVOLVEMENTO  DO  3º TRIMESTRE

(entrada en español máis abaixo)

​



Bo día familias, 

procedemos con esta entrada a explicarvos como imos traballar durante o tempo restante do 3º trimestre, tendo en conta que o curso remata o 19 de xuño.

 

HORARIO

En primeiro lugar, elaboramos un horario común para os catro cursos do primeiro nivel (preme no crebacabezas). Con este pretendemos orientarvos e distribuír o traballo das materias de maneira equitativa durante a semana como se estivésemos no centro. Tentamos reducir o horario con respecto ás sesións do colexio, tendo en conta que as situacións familiares son diversas. Ademais, nun primeiro momento imos traballar unicamente os contidos máis esenciais debido a esta situación excepcional. Finalmente se hai tempo para seguir ampliando valorarase máis adiante.

 

Entendemos que algunhas familias poidades atopar dificultades para seguir o horario, polo que facédeo na medida das vosas posibilidades, é orientativo. Tendo en conta isto, como podedes observar no horario, os venres terán menos carga de traballo para que todo o mundo poida poñerse ó día. Nós seguirémolo tal e como vos especificamos no apartado de metodoloxía.

METODOLOXÍA

 

Neste trimestre, para facilitarvos o traballo, empregaremos fundamentalmente os libros de texto e as fotocopias de repaso que xa vos enviaron aos vosos domicilios. A idea sería comezar luns se todos tivesedes o material nas vosas casas.

 

¿Como imos traballar?

Cada día subiremos unha entrada nesta páxina web. A información será colgada o día anterior co traballo a realizar o día seguinte. Consistirá en:

- Traballo para as materias que figuran no horario ese día (coas súas iconas e enlaces correspondentes).

Neses enlaces poderedes atopar en formato pdf unhas guías elaboradas por nós que conteñen información sobre como explicar os exercicios para que a aprendizaxe sexa máis significativa. Tamén poderá haber vídeos, fichas de repaso e outro tipo de recursos.

Cabe puntualizar que non todos os cursos de primeiro teñen os mesmos especialistas. Polo tanto haberá iconas con materia en común  (como é o caso de Matemáticas, Lingua, Lengua, Inglés, Música e Educación Física) e outras que cando premades na icona levaravos a unha serie de carpetas, e unha vez alí deberedes premer na do voso curso (Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Valores Sociais e Cívicos e Plástica).

Con respecto á materia de Música, a mestra Cristina quere seguir traballando cos libros en canto se volva ás clases presenciais, polo que nos pide que non avancedes contidos nin vos desfagades deles. Nós seguiremos colgando nesta páxina o traballo de cada especialidade seguindo o horario que vos presentamos anteriormente.

Valoración da aprendizaxe e seguimento

Cada día remitiredes ó correo do profesorado que o solicite (máis abaixo tedes os correos e os cursos) fotos do traballo realizado nesa xornada con respecto á súa materia. En asunto deberedes poñer o nome do neno e a data (exemplo: María García 27 de abril).

QUEN NON O POIDA REMITIR NO MESMO DÍA deberá anotar a data do día no que se debía ter feito ese traballo para poñelo no asunto do correo cando o envíe para ser corrixido. Comprendemos que para algunhas familias facelo no mesmo día non é viable. Mandamos o traballo de feito diario para facilitar a corrección e organización nas casas. Pero en caso de que atopedes dificultades para levalo a cabo, ou se considerades que o traballo diario que mandamos vos parece excesivo, facédenolo saber e iremos tanteando a cantidade.

1ºA

Traballo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Valores Sociais e Cívicos á titora noemicepventin@gmail.com

Traballo de Plástica a Antonio: antoniocepventin@gmail.com

1ºB

Traballo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Valores Sociais e Cívicos á titora dianacepventin@gmail.com

Traballo de Plástica a Antonio: antoniocepventin@gmail.com

1ºC

Traballo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza e Valores Sociais e Cívicos á titora noeliaf@edu.xunta.es

Traballo de Plástica a Freddy: fredisova@gmail.com

1ºD

Traballo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais e Plástica ó titor: antoniocepventin@gmail.com

 

Traballo de Ciencias da Natureza á noemicepventin@gmail.com

Os especialistas en común que non teñen inconveniente en que se devolva o traballo para verificalo (especificando en asunto nome, apelidos e curso) son:

Pili (E.F): educacionfisicaventin@gmail.com

Olga (Inglés) advirte que son tarefas de repaso e non é obrigatorio, pero se alguén o precisa o seu correo é oventingles@gmail.com

No caso de que traballedes os dous FACEDE O QUE ESTEA NA VOSA MAN. Comunicádello ó voso titor ou titora e reducirase ou priorizaranse unhas actividades ou outras.

Entendemos que é unha situación laboriosa e complicada. Definitivamente non é a maneira na que nos gustaría traballar. Crédenos que prefirimos estar cos nenos e nenas na aula. Tomamos a decisión de traballar así pensando no mellor para todos, pero entendemos que hai familias con situacións excepcionais. A esas familias pedímoslles que fagan o que estea na súa man. Non é momento de estresarse máis do que a situación o promove. Calquera pequeno traballo é mellor que estar sen facer nada ata setembro. Nós estamos á vosa disposición para o que precisedes!

Moito ánimo!

DESARROLLO  DEL  3º TRIMESTRE

​



Buenos días familias, 

procedemos con esta entrada a explicaros como vamos a trabajar durante el tiempo restante del 3º trimestre, teniendo en cuenta que el curso acaba el 19 de junio.

 

HORARIO

En primer lugar, elaboramos un horario común para los cuatro cursos del primer nivel (pulsa en el puzzle). Con este pretendemos orientaros y distribuir el trabajo de las materias de manera equitativa durante la semana como si estuviésemos en el centro. Tratamos de reducir el horario con respecto a las sesiones del colegio, teniendo en cuenta que las situaciones familiares son diversas. Ademas, en un primer momento vamos a trabajar únicamente los contenidos más esenciales debido a esta situación excepcional. Finalmente si hay tiempo para seguir ampliando se valorará más adelante.

 

Entendemos que algunas familias podríais encontrar dificultades para seguir el horario, por lo  que hacedlo en la medida de vuestras posibilidades, es orientativo. Teniendo en cuenta esto, como podéis observar en el horario, los viernes tendrán menos carga de trabajo para que todo el mundo pueda ponerse al día. Nosotros lo seguiremos tal y como os especificamos en el apartado de metodología.

METODOLOGÍA

 

En este trimestre, para facilitaros el trabajo, utilizaremos fundamentalmente los libros de texto y las fotocopias de repaso que ya os enviaron a vuestros domicilios. La idea sería comenzar lunes si todos tuvieseis el material en vuestras casas.

 

¿Como vamos a trabajar?

Cada día subiremos una entrada en esta página web. Lo haremos el día anterior con contenidos para el día siguiente. Constará de la siguiente información:

- Trabajo para las asignaturas que figuran en el horario ese día.

En esos enlaces podréis encontrar en formato pdf unas guías elaboradas por nosotros que contienen información sobre como explicar los ejercicios para que el aprendizaje sea más significativo. También podrá haber vídeos, fichas de repaso y otro tipo de recursos.

Cabe puntualizar que no todos los cursos de primero tienen los mismos especialistas. Por lo tanto habrá iconos con materia en común  (como es el caso de Matemáticas, Lingua, Lengua, Inglés, Música y Educación Física) y otras que cuando hagáis clic os llevarán a una serie de carpetas, y una vez allí deberéis entrar en la de vuestro curso (Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza, Valores Sociais e Cívicos e Plástica).

Con respecto a la materia de Música, la maestra Cristina quiere seguir trabajando con los libros en cuanto se retomen las clases presenciales, por lo que os pide que no avancéis contenidos ni os deshagáis de ellos. Nosotros seguiremos colgando en esta página el trabajo de cada especialista siguiendo el horario que os presentamos anteriormente.

Valoración del aprendizaje y seguimiento

Cada día remitiréis al correo del profesorado que lo solicite (más abajo tenéis los correos y los cursos) fotos del trabajo realizado en esa jornada con respecto a su asignatura. En asunto debéis poner el nombre del niño o niña y la fecha (ejemplo: María García 27 de abril).

QUIEN NO LO PUEDA REMITIR EL MISMO DÍA deberá tomar nota de la fecha  en la que se debía haber hecho ese trabajo para ponerlo en el asunto del correo cuando se envíe para ser corregido. Comprendemos que para algunas familias hacerlo en el mismo día no es viable. Mandamos el trabajo de manera diaria para facilitar la corrección y organización en las casas. Pero en caso de que encontréis dificultades para llevarlo a cabo, o si consideráis que el trabajo diario que mandamos es excesivo, hacédnoslo saber e iremos tanteando la cantidad.

1ºA

Trabajo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza y Valores Sociais y Cívicos a la tutora noemicepventin@gmail.com

Trabajo de Plástica a Antonio: antoniocepventin@gmail.com

1ºB

Trabajo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza y Valores Sociais y Cívicos a la tutora dianacepventin@gmail.com

Trabajo de Plástica a Antonio: antoniocepventin@gmail.com

1ºC

Trabajo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais, Ciencias da Natureza y Valores Sociais y Cívicos a la tutora noeliaf@edu.xunta.es

Trabajo de Plástica a Freddy: fredisova@gmail.com

1ºD

Trabajo de Lingua, Matemáticas, Lengua, Ciencias Sociais y Plástica al tutor: antoniocepventin@gmail.com

 

Trabajo de Ciencias da Natureza á noemicepventin@gmail.com

Los especialistas en común que no tienen inconveniente en que se devuelva el trabajo para verificarlo (especificando en asunto nombre, apellidos y curso) son:

Pili (E.F): educacionfisicaventin@gmail.com

Olga (Inglés) advierte que son tareas de repaso y no es obligatorio, pero si alguien lo necesita, su correo es oventingles@gmail.com

En caso de que trabajéis los dos HACED LO QUE PODÁIS. Comunicádselo a vuestro tutor o tutora y se reducirán o priorizarán actividades.

Entendemos que es una situación complicada. Definitivamente no es la manera en la que nos gustaría trabajar. Creednos que preferimos estar con los niños y niñas en el aula. Tomamos la decisión de trabajar así pensando en lo mejor para todos, pero entendemos que hay familias con situaciones excepcionales. A esas familias les pedimos que hagan lo que esté en su mano. No es momento de estresarse más de lo que la situación ya promueve. Cualquier pequeño trabajo es mejor que estar sin hacer nada hasta septiembre. Nosotros estamos a vuestra disposición para lo que necesitéis!

Mucho ánimo!

 

Titores e titoras de 1º

//////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////

bottom of page