top of page

Vacacións de verán

​

 

Estimadas familias,

 

chegamos á fin do curso académico 2019/20. Un curso con altibaixos que non nos puxo as cousas doadas, pero que coa vosa colaboración e pensando sempre no benestar e progreso do noso alumnado, conseguimos sacalo adiante.

 

PROPOSTAS PARA O VERÁN

 

Como de costume chegado este punto, os titores acostumamos a preparar un traballo de repaso para realizar durante o verán para non perder continuidade e facilitar a volta ó curso.

 

As propostas para o verán abaixo indicadas, son só RECOMENDACIÓNS. Queda baixo o voso criterio seguilas ou non. Non son obrigatorias nin as imos corrixir, posto que no inicio de curso xa se realiza unha avaliación inicial para saber en que nivel se atopan. Recordade que o tempo de verán é de descanso e tédelo ben merecido. Desde o noso criterio, podedes deixar o mes de xullo de descanso total e en agosto ir facendo algunha actividade para empezar o segundo curso con folgos. 

 

  • LIBRO DE REPASO

 

Como xa vindes realizando traballo de fichas, non queríamos continuar no verán con máis volume deste tipo de traballo. Polo que as familias que estean interesadas, recomendámoslles o seguinte libriño no que seguir aprendendo coa pandilla de Rasi:

 

Rasi y la pandilla en...vacaciones (1º Educación Primaria)

Editorial: Ediciones SM (2017)

ISBN:

9788467592566

 

Este libro inclúe actividades de repaso de lengua, matemáticas, naturais, sociais e inglés a través de distintos retos amenos. Tamén podedes aproveitar para facer actividades pendentes dos libros de texto, xa que neste trimestre non puidemos acabalos por priorizar só os contidos máis importantes. 

  • LECTURA DIARIA

 

Tamén sería recomendable que adiquen un tempo diario á lectura de contos, cómics ou calquer libro axeitado á súa idade, sobre todo en galego.

 

  • OUTRAS RECOMENDACIÓNS MOI IMPORTANTES

 

Agora dirixímonos directamente ós nenos e nenas. O verán é o momento de descansar e coller forzas para o curso seguinte, polo que non esquezas:

 

  1. Bañarte nos días de sol ata saír da auga cos dedos engurrados.

  2. Facer un picnic na praia ou no monte.

  3. Facer os teus propios xeados.

  4. Recolectar cunchas e caramuxos.

  5. Construír un castelo de area.

  6. Reencontrarte cos teus familiares e amigos.

  7. Celebrar os aniversarios que quedaron pendentes.

  8. Deitarte un día tarde, pero que moi tarde.

  9. Comezar unha guerra de globos de auga.

  10. Aprender unha canción do verán, ben deste ou doutro ano, e bailala con papá, ou con mamá… ou cos dous!

 

Moitas grazas pola vosa colaboración e comprensión nesta situación tan complicada.

 

Desexámosvos un bo verán!!


 

Os titores e titoras de primeiro

//////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////////

bottom of page